Únete a nós

Únete a nós

Se queres participar no noso proxecto podes consultar a relación de ofertas de emprego actuais

O Grupo Roca é a matriz dun conxunto de empresas dedicadas ao deseño, produción e comercialización de produtos para o cuarto de baño destinados á arquitectura, á construción e ao interiorismo. O Grupo conta con centros de produción en catro continentes e emprega directamente unhas 21.100 persoas en todo o mundo, con 72 fábricas.

Roca é líder mundial no negocio do cuarto de baño e opera en máis de 135 mercados. Ademais, conta cunha área dedicada á produción e comercialización de pavimentos e revestimentos cerámicos (Roca Cerámica).<7p>

Roca é unha sociedade de capital integramente español, que nos últimos anos experimentou unha extraordinaria expansión internacional baseada na adquisición de sociedades do sector do baño en diversos países do mundo.

A xestión eficiente dos recursos humanos, produtivos e financeiros levou a Roca a consolidarse como líder mundial na produción de sanitarios e cerámica plana, converténdose así no referente para todo tipo de solucións en espazos de baño.

O crecemento sostido do Grupo mediante a adquisición e investimentos por todo o mundo e a política de promoción interna que a Compañía mantén dende a súa creación ofrecen oportunidades para os managers que desexen realizar unha carreira profesional internacional.

Se queres participar no noso proxecto, podes consultar as ofertas de emprego actuais. Tamén nos podes enviar o teu CV se non atopas ningún posto que se axuste á túa formación e experiencia. Terémolo en consideración para futuros procesos de selección.

 

· Para enviarnos o teu CV, preme aquí
· Para modificar os teus datos, preme aquí
· Se non lembras o teu password, preme aquí
· Para consultar a relación de ofertas actuais, preme aquí

A nosa empresa