Unha empresa global

Unha empresa global

Case cen anos de historia que nos converteron nun referente a nivel mundial

Roca iniciou a súa actividade en 1917, cando se dedicaba á fabricación de radiadores de ferro fundido para a calefacción doméstica na súa factoría de Gavà (Barcelona). Tras os primeiros radiadores de ferro fundido, completou o seu catálogo coa produción de caldeiras e en 1929 entrou definitivamente no cuarto de baño iniciando a fabricación de bañeiras.

Atenta sempre aos cambios da sociedade relacionados coa cultura da auga, o principal recurso natural co que traballa, Roca asumiu en 1936 o reto de producir porcelana sanitaria e en 1954 iniciou a fabricación de billas.

Na década de 1990, o Grupo desenvolveu unha primeira fase de expansión internacional, baseada principalmente na apertura de delegacións comerciais e a sinatura de acordos con empresas líderes nos seus mercados. Ademais de Portugal e Francia, a presenza comercial comezou a estenderse polo Reino Unido, Alemaña, Italia, Rusia, Marrocos, Arxentina, Brasil e China.

O punto de inflexión no proceso de internacionalización deuse en 1999, coa adquisición do grupo suízo Keramik Holding Laufen, cuarto fabricante mundial de porcelana sanitaria. A compra de Laufen permitiulle ao Grupo consolidar a súa presenza en mercados estratéxicos onde contaba con menor implantación, caso principalmente de Europa do Leste, Brasil e Estados Unidos.

En 2005, Roca anuncia un ambicioso plan estratéxico centrado no sector do espazo de baño e acada o liderado mundial do sector no ano 2006.

Hoxe en día a rede comercial de Roca espállase por máis de 135 países que fornece grazas ás súas 76 plantas de produción e aos máis de 20.000 traballadores aos que dá emprego en todo o mundo.

A nosa empresa