Innovación

Innovación

A nosa aposta dende a concepción do produto ata a súa produción, loxística e distribución

Unha das premisas de Roca é a que expresa o convencemento de que as innovacións tecnolóxicas constitúen un elemento esencial para lograr o desenvolvemento progresivo e a mellora permanente en calquera actividade. Por este motivo, en todas as filiais e ao longo de todo o proceso de produción, utilízase a tecnoloxía máis avanzada.

Roca aposta pola innovación, presente dende a mesma concepción e deseño do produto ata a súa produción, loxística e distribución. A excelencia tecnolóxica esténdese a todos os nosos centros de produción de todo o mundo, facilitando a creación de sinerxías e garantindo a máxima calidade en todo o proceso produtivo. A partir das experiencias obtidas en todos os centros de produción, o Departamento de Tecnoloxía traballa para seguir perfeccionando o proceso integral de desenvolvemento e produción de novos produtos, co obxectivo de manternos á dianteira en capacidade industrial e tecnolóxica.

 

 

A constante innovación tecnolóxica de Roca ten como único obxectivo proporcionar o mellor servizo posible aos seus clientes. En I+D+i analízanse as necesidades e gustos da sociedade para adaptar os produtos ás novas condicións de mercado. Este proceso de adaptación non só se realiza segundo principios estéticos e de modernidade, senón que nace co desexo de mellorar a calidade de vida das persoas.

Deseño e Innovación