Innovation lab

Innovation lab

A punta de lanza de Roca nos terreos da investigación e os desenvolvementos vangardistas

O Innovation Lab de Roca é un equipo dinámico de deseñadores conceptuais, con experiencia multidisciplinar e internacional, que ten como obxectivo principal ofrecer novidosas propostas de produto que vaian máis alá do mero deseño formal.

Este equipo, mediante un proceso e ferramentas que permiten afrontar os retos dende perspectivas alternativas, céntrase en buscar solucións a situacións no eido do cuarto de baño que aínda non teñen resposta axeitada entre a oferta existente.

Esta busca de solucións inspírase nas necesidades actuais dos usuarios pero tamén nos indicios que nos permiten intuír cales serán os parámetros que darán forma á nosa sociedade nos próximos anos.

Aspectos como a sustentabilidade, o envellecemento da poboación, os novos estilos de vida e en xeral calquera macro tendencia que poida afectar a nosa sociedade, as súas necesidades e a súa vivenda, son explorados polo equipo e están sempre presentes nos traballos do Innovation Lab.

Ademais de propoñer solucións conceptuais para os produtos do baño, o Innovation Lab organiza sesións de traballo interdepartamentais que inciten a desenvolver produtos innovadores e apoia outras iniciativas da compañía onde puntos de vista menos convencionais poden contribuír con valor ao conxunto.

A misión do Innovation Lab é axudar a que os nosos produtos teñan uns trazos diferenciadores que representen uns beneficios claros para os nosos clientes. É a nosa aposta de futuro para unha empresa sustentable e duradeira nun contexto global, cambiante e con retos cada día máis esixentes.

Deseño e Innovación