Jumpthegap

Jumpthegap

Coñece todos os detalles sobre a 6ª edición do noso concurso internacional de deseño

O concurso de deseño internacional de Roca, Jumpthegap, diríxese a profesionais novos e estudantes de arquitectura e deseño menores de 35 anos. É unha plataforma ideal para que as novas xeracións amosen o seu talento e a súa visión no deseño dos espazos de baño do futuro.

Dende os seus inicios, Jumpthegap confiou nun xurado de prestixiosos arquitectos e deseñadores. Entre os presidentes dos anos anteriores atopamos figuras como Ron Arad, John Pawson, Benedetta Tagliabue e Rafael Moneo.

Na última edición, o presidente do xurado foi o arquitecto chinés Ma Yansong, quen ten recibido numerosos premios entre os que destaca o prestixioso Young Global Leaders 2014 (YGL).

 

» Infórmate en www.jumpthegap.net.

Deseño e Innovación