Roca Galleries

Descubre os edificios emblema da marca Roca

Máis alá dun espazo físico, Roca Gallery é un concepto que expresa a realidade actual e os retos de futuro de Roca. Sobre os valores de deseño, innovación ou sustentabilidade, Roca Gallery manifesta a vontade dunha marca líder de manter un diálogo constante co conxunto da sociedade e, moi especialmente, con aqueles profesionais cos que comparte a inquedanza e o interese por evolucionar o espazo de baño.

Os centros Roca Gallery traducen esta vontade como punto de encontro e espazo de diálogo aberto a interioristas, deseñadores e arquitectos de todo o mundo. As sedes de Londres, Xangai, Barcelona, Madrid e Lisboa configuran unha plataforma de intercambio de coñecemento multidisciplinar, constituída como rede global de detección, interpretación, desenvolvemento e difusión de novas tendencias no sector.

Zaha Hadid Architects en Londres, Francesc Rifé Studio en Xangai, o estudo de arquitectura OAB de Borja, Lucía e Carlos Ferrater en Barcelona, o Estudio de Arquitectura Lamela en Madrid e o estudo Ferruz Decoradors en Lisboa plasmaron esta visión en centros que combinan atractivo estético e expresión dos valores da marca.

Deste xeito, os centros Roca Gallery configúranse como espazos funcionais e flexibles, nos que a exposición de solucións de Roca comparte espazo de xeito natural cunha oferta diferenciada de actividades socioculturais.

 

Deseño e Innovación