Aviso Legal

Aviso Legal

As características e prestacións que se facilitan na presente web, ou webs vinculadas a esta, e todo o seu contido son susceptibles de variación. Roca resérvase o dereito de efectuar cambios ou modificacións, sen previo aviso, sobre calquera produto da súa gama.

Todos os prezos que aparecen nesta páxina web son Prezos de Venda ao Público Suxeridos e non inclúen o importe do I.V.A agás indicación expresa do contrario.

Os ambientes que se reproducen son unicamente decorativos, sen que na súa composición se considerasen posibles esixencias técnicas de instalación.

 

Política de cookies
 

Cookies utilizadas polos SITIOS WEB DO GRUPO ROCA

As WEBS do GRUPO ROCA utilizan “Cookies” e outros mecanismos similares. As cookies son ficheiros que un servidor web envía a un navegador para rexistrar as actividades de usuario a medida que vostede navega polo sitio web, polas aplicacións e polos servizos proporcionados nas webs do GRUPO ROCA. O principal obxectivo é axilizar o acceso aos servizos desexados.

Ademais, o uso de cookies facilita unha navegación web personalizada, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos intereses do usuario e proporcionando así unha mellor experiencia en cada visita á web.

Este sitio web utiliza cookies para o seu funcionamento, así como para adaptarse ao usuario e facilitarllle a navegación. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e ao seu equipo, pero non fornecen referencias que permitan desvelar datos persoais do usuario. O usuario pode configurar o navegador para que notifique e rexeite a instalación de cookies do GRUPO ROCA, sen que iso prexudique o acceso aos contidos. Sen embargo, teña en conta que o funcionamento do sitio podería acusar perda de velocidade.

Os usuarios rexistrados poden gozar dun servizo máis personalizado, orientado ao seu perfil, grazas á combinación de datos almacenados en cookies cos datos persoais introducidos no momento de rexistrarse. Os usuarios autorizan de maneira específica o uso desta información con tal finalidade, sen prexuízo do seu dereito a rexeitar ou desactivar o uso das cookies.

 

Tipo, finalidade e funcionamento

En función da súa permanencia, as cookies pódense dividir en persistentes e de sesión. Estas últimas caducan cando o usuario pecha o navegador. As primeiras caducan en canto se cumpre a finalidade da súa función (p. ex. que o usuario permaneza identificado no sitio web) ou ben cando se borran manualmente.

Por outra parte, e en función da finalidade, as cookies poden clasificarse do seguinte xeito:

Cookies estritamente (tecnicamente) necesarias: resultan fundamentais para o correcto funcionamento da web. Xenéranse normalmente cando o usuario accede ou se conecta ao sitio web; empréganse para identificar dito usuario na web respecto ás finalidades seguintes:

Permitir a identificación continua do usuario; se vostede abandona a web, o navegador ou o dispositivo, e volve acceder á web noutro momento, seguirá identificado/a e non terá que volver identificarse para retomar a navegación.

Comprobar se o usuario ten autorización para acceder a certos servizos ou áreas do sitio web.

Cookies de rendemento: utilízanse para mellorar a experiencia de navegación e optimizar aspectos do funcionamento do sitio web, coma o almacenamento de configuracións de servizos ou o almacenamento de compras nun carro.

Cookies de publicidade: recompilan información sobre os anuncios amosados aos usuarios do sito web. Poden ser de dous tipos:

Anónimas: só recompilan información sobre espazos publicitarios amosados no sitio web, independentemente do usuario que acceda á web, é dicir, sen identificar de xeito explícito o usuario.

De personalización: recompilan información persoal sobre o usuario do sitio web a través dun terceiro, para personalizar ditos espazos publicitarios.

Cookies de xeolocalización: utilízanse para estabelecer en que país ou rexión se atopan os usuarios cando acceden ao servizo do sitio web, para lles ofrecer contidos e servizos que se correspondan coa súa localización.

Cookies de análise: recompilan información sobre a experiencia de navegación do usuario no sitio web, normalmente de forma anónima, pero en ocasións tamén para identificar o usuario de maneira exclusiva e inequívoca, co fin de obter información sobre os intereses daquel nos servizos ofrecidos pola web.

Importante: Agás se o usuario se rexistrou no Servizo do GRUPO ROCA, unha cookie non se asociará nunca a datos persoais que permitan a súa identificación. As cookies empréganse unicamente con fins estatísticos que contribúen a optimizar a experiencia do usuario no sitio web.

 

Desactivación das cookies

Se o usuario o desexa, pode deixar de aceptar cookies do navegador ou dun servizo en particular.

Todos os navegadores modernos permiten modificar a configuración das cookies. Esta configuración adoita atoparse nos menús de “Opcións” ou “Preferencias” do seu navegador.

Os usuarios poden desactivar o uso de cookies neste sitio web en calquera momento a través de:

• Internet Explorer: Ferramentas -> Opcións de Internet -> Privacidade -> Configuración

Para máis información, consulte co servizo Microsoft ou coa axuda do navegador.

• Firefox: Ferramentas -> Opcións -> Privacidade -> Historial -> Parámetros persoais

Para máis información, consulte co servizo Mozilla ou coa axuda do navegador.

• Chrome: Configuración -> Configuración avanzada -> Privacidade -> Configuración de contido.

Para máis información, consulte co servizo Google ou coa axuda do navegador.

• Safari: Preferencias -> Seguridade.

Para máis información, consulte co servizo Apple ou coa axuda do navegador.

Se desactiva o uso das cookies neste sitio web, é probable que xa non poida acceder a certas áreas da web ou que a súa experiencia de navegación se vexa afectada de xeito importante.

 

ACTUALIZACIÓN DA NOSA POLÍTICA DE COOKIES

Os sitios web do GRUPO ROCA poderán modificar a súa política de cookies en función de exixencias lexislativas, normativas ou ben co fin de adaptar esa política ás instrucións ditadas pola Axencia española de protección de datos. Xa que logo, recoméndase aos usuarios que consulten a presente política con regularidade.

Cando se produzan cambios salientables nesta política de cookies, os usuarios serán informados a través do sitio web ou por correo electrónico, no caso de usuarios rexistrados.

© Roca Sanitario, S.A, 2016. Todos os dereitos reservados.

Aviso Legal