Procesos produtivos sustentables

Procesos produtivos sustentables

Eco Roca busca integrar o respecto polo medio nos nosos procesos produtivos

O compromiso co planeta forma parte da nosa filosofía e da nosa maneira de actuar cada día e baixo esta premisa creamos o concepto “Roca Loves the Planet”, que acompaña tanto os procesos produtivos nas nosas fábricas coma o desenvolvemento dos nosos produtos e as accións sociais da compañía.

No referente aos procesos produtivos, dende o ano 2008 desenvolvemos o Proxecto Eco-Roca, que conta con dous obxectivos prioritarios: reducir as emisións de CO2 nun 25 % para o ano 2014 respecto ás emisións de 2006, e xestionar os procesos industriais sen residuos a través do programa Zero Waste.

 

 

Durante o período 2006-2010 Roca conseguiu a nivel global unha diminución nos consumos enerxéticos dun 14,9 % en gas e un 4,6 % en electricidade. Esta mellora permitiulle evitar a emisión de arredor de 52.750 toneladas de CO2 á atmosfera. Estas cifras son especialmente relevantes, dado que o consumo de gas produce aproximadamente o 90 % das emisións de efecto invernadoiro orixinadas nos procesos de produción.

Pola súa banda, o programa Zero Waste para lograr procesos industriais sen residuos materiais xa se completou nun 75 % da súa aplicación a día de hoxe.

 

Sustentabilidade