Tecnoloxías sustentables

O noso compromiso co medio permitiunos desenvolver solucións para o aforro de auga e enerxía

 

Cold Start

Innovador sistema de apertura en auga fría. A apertura do pecho cara á dereita está restrinxida, polo que a posición de apertura frontal proporciona auga fría. Se se xira o pecho cara á esquerda, obtense gradualmente auga quente. Deste xeito, ademais de aforrar auga, afórrase enerxía dado que se evita que a caldeira acenda cando non é necesario. Tecnoloxía tamén dispoñible co noso innovador cartucho progresivo que fai a mesma función utilizando un control circular no canto do pecho.

 

 

Produtos con esta tecnoloxía: L20, Singles, L90

 

 

Urinario Flushfree

Un novo concepto de urinario que non require nin descarga de auga nin enerxía eléctrica para o seu uso continuado. O seu innovador mecanismo utiliza un cartucho que evita os cheiros mediante a emisión de aire con esencia de limón e evita o consumo de auga e enerxía. O cartucho é facilmente substituíble despois de cada 6.000 ciclos.

Produtos con esta tecnoloxía: Hall Flushfree Urinal

 

 

W+W

Este impactante deseño inaugura unha nova categoría de elementos para equipar o baño: o lavabo-inodoro nunha única peza. Esta unidade con dobre función permite reutilizar a auga do lavabo enviándoa á cisterna, previo proceso de filtrado, para ser utilizada na descarga do inodoro. Unha proposta sustentable que permite aproveitar dobremente a auga e que foi merecedora de numerosos premios.

 

 

Produtos con esta tecnoloxía: W+W

 

>> Se queres coñecer máis tecnoloxías sustentables de Roca, visita Roca Loves the Planet.

Sustentabilidade